venres, 28 de outubro de 2016

Tramo Goiriz-Vilalba

Hoxe, 28 de outubro, os nenos e nenas do colexio de Moreda convertéronse en peregrinos dende Goiriz ata Vilalba. Disfrutaron deste tramo do camiño seguindo os sinais ou hitos, vendo e disfrutando da paisaxe, collendo castañas e mesmo poidemos visitar tamén a Torre dos Andrade por dentro. Que ben o pasamos!



Peregrinos de 5º e 6º
Todo o alumnado diante da Torre dos Andrade

xoves, 27 de outubro de 2016

Saída a Vilalba "Mirar con tacto"

Hoxe, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º desprazáronse ata a Casa da Cultura de Vilalba para facer unha actividade titulada "Mirar con tacto". Tratábase de tocar, cos ollos tapados, pinturas en relieve e logo pintalas nun folio. Para explorar os cadros debían escoitar unhas instruccións. Tamén trataron de adiviñar de que esculturas se trataban só con tocalas. E, por último, construíron con arcilla "El abrazo de Juan Genovés", unha das esculturas que se atopaba na sala en tamaño pequeno.




mércores, 26 de outubro de 2016

2ª Etapa: Lourenzá-Abadín

Gali-leo xa completou a segunda etapa ata Abadín despois de percorrer 25 km. Neste tramo pasou por Mondoñedo e puido disfrutar da famosa tarta do Rei das Tartas e tamén da festa de "San Lucas". Que ben o pasou entre gaiteiros e gaiteiras!


Arriba, Gali-leo diante da casa do concello en Abadín e no bar "O rei das tartas".
Abaixo, Gali-leo na festa en Mondoñedo e cun hito que marca 160 km ata Santiago.

sábado, 22 de outubro de 2016

Taller de cabazas e decoración da aula

O pasado xoves, 20 de outubro, fixemos na clase de plástica un taller no que os nenos e nenas, repartidos por parellas, pintaron e decoraron unha cabaza. Este foi o resultado...



Tamén decoramos a aula. Nas seguintes fotos podedes ver a porta e esa pedazo araña que invadiu a nosa aula. BO SAMAÍN!


1ª Etapa: Ribadeo-Lourenzá

Gali-leo comprou o credencial en Ribadeo e comezou o seu camiño ata Santiago. Rematou esta primeira etapa en Lourenzá despois de percorrer 29,5 km. Aquí vos deixamos un mapa do camiño e tamén algunhas fotos. BO CAMIÑO, GALI-LEO!


 Arriba, Gali-leo xunto da Torre dos Moreno en Ribadeo e; abaixo, xunto do Monasterio de San Salvador en Lourenzá.

sábado, 15 de outubro de 2016

Gali-leo marcha facer o camiño de Santiago!

O pasado venres, 14 de outubro, Gali-leo (a mascota da biblioteca) apareceu vestido de peregrino. Ademais todos os nenos e nenas de colexio coñeceron ó novo Gali-leo feito de tela.


Gali-leo marcha facer o camiño de Santiago desde Ribadeo e virá cargado de fotos para encher o seguinte corcho, e tamén de moitas anécdotas e aventuras para contarlles aos nenos e nenas de Moreda.


Eu enseñeilles o que leva un peregrino na súa mochila e tamén lles contei como foi o camiño que fixen o ano pasado desde O Cebreiro. Falamos dos albergues, do credencial e a compostelana, dos sinais do camiño, da indumentaria que levaban antigamente os peregrinos, etc. Xa vos contaremos máis deste proxecto e do camiño de Gali-leo ;)

Erizos con follas

Estes son os erizos que fixeron 5º e 6º , con follas de árbores:

mércores, 12 de outubro de 2016

As follas do outono

Estes días os nenos e nenas de 5º e 6º recolleron follas e investigaron sobre as árbores ás que pertencen, conseguindo facer o que vedes nas imaxes:


venres, 7 de outubro de 2016

Chegou o outono!

O outono tamén chegou a clase de 5º e 6º, e Pelegrín xa botou a andar cara a Santiago!


Peregrinos e peregrinas

Que artistas están feitos estes nenos e nenas de 5º e 6º! Mirade que peregrinos debuxaron...