mércores, 21 de decembro de 2016

Boas festas a tod@s!

Hoxe festexamos, no CEIP Monseivane, a chegada do Nadal e  das vacacións. Primeiro cantamos, bailamos e tocamos ca frauta panxoliñas. Logo comemos doces navideños e recibimos a visita de Papá Noel, que veu cargado de lamboadas. E, por último, fomos á taquilla mercar as entradas e as palomitas para ir ao cine. Que ben o pasamos!
BO NADAL A TOD@S!




domingo, 18 de decembro de 2016

Chegou o nadal!

Chegou o nadal ó colexio de Moreda e tamén a nosa clase. A continuación, podedes ver unhas imaxes da decoración que fixemos e do belén basado na Ruta Norte do Camiño de Santiago, no que colaboramos todo o colexio. BO NADAL!




Visita CD Lugo

O pasado martes, 13 de decembro, varios colexios chairegos recibimos a visita de xogadores e personal do Club Deportivo Lugo. Trouxéronos de agasallo unha camiseta e tamén nos convidaron a ver o partido deste sábado. Máis info en: http://www.cdlugo.com/noticia/visita-del-cd-lugo-a-la-comarca-de-terra-cha
GRACIÑAS E MOITA SORTE, EQUIPO!!

Facendo chapas!

Os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron nestas últimas semanas chapas para vender a 1,50 euros cada unha. Deste xeito irán recaudando diñeiro para a tan desexada excursión de fin de curso. Os motivos dos seus deseños son: o nadal, o camiño de Santiago e a feira do capón de Vilalba. Non se queden sen a a súa chapa!