domingo, 22 de xaneiro de 2017

Escola de Prensa

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º participan nun concurso do Progreso que consiste en elaborar un xornal de 32 páxinas antes do 16 de maio. Podedes ver no seguinte enlace o noso vídeo de presentación:

Volta ó mundo

Esta semana os peregrinos e peregrinas de Moreda desviáronse do camiño para dar unha volta polo mundo e buscar curiosidades sobre algunhas cidades, países, illas... Este foi o resultado:




mércores, 18 de xaneiro de 2017

Rutas Camiño de Santiago

Estes días os peregrinos e peregrinas de Moreda percorreron os distintos camiños e rutas ata chegar a Santiago de Compostela. A continuación, podedes ver as imaxes dos mapas de Galicia e España. Tamén vos mostro a imaxe da maqueta do Camiño que temos na entrada do centro, desta vez sen as figuras de nadal. BO CAMIÑO!!





FELIZ 2017!

Comezamos o ano cun pequeno agasallo dos Reis Magos ;) FELIZ 2017 PARA TOD@S!! E gracias ós que seguides este blog!!