luns, 22 de maio de 2017

Letras Galegas

O venres, ademais da festa dos Maios, festexamos as Letras Galegas homenaxeando a Carlos Casares.
- Os alumnos e alumnas de 5º e 6º leron a súa biografía o obra e expuxérona nun mural cunha árbore chea de laranxas, simbolizando o libro do autor titulado "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas".
-Os nenos e nenas de 1º e 2º colaboraron no mural ca figura de Lolo contando a súas historia, de acordo co libro "Lolo anda en bicicleta".
- Os rapaces e rapazas de 3º e 4º engadiron unha galiña azul con información do libro de Carlos Casares. Tamén colocaron o nome e apelido no mural.
- Os máis pequenos do colexio debuxaron o can Rin e o lobo Crispín e contaron o conto, ademais de colorear a caricatura do autor.
Por último, o alumnado de 1º a 4º representou unha obra de teatro basada no libro de Carlos "A galiña azul". 



Festa dos Maios

O pasado venres, 19 de maio, festexamos a tradicional Festa dos Maios. Os alumnos ían ataviados con coronas de follas de loureiro e as nenas con saias de cores, coronas de flores e colgantes. Tamén levaban cestos con pétalos para tirar aos reis.


Primeiro, fíxose un desfile por fóra presidido polo maio, este ano tratábase de Gali-leo, a mascota da biblioteca. Despois, seguíano os reis e varios nenos cos monumentos feitos para o entroido e cheos de flores para a ocasión. E, por último, no desfile non faltaron pais, nais e familiares.

A continuación, no pavillón tivo lugar a festa. Non faltaron as danzas ou muiñeiras, as cancións, bailes e outras actividades como a realización dunha espiral (simboloxía do camiño), feita con pedras pintadas polos nenos. Para rematar a festa os nenos fixéronlle a reverencia aos reis e tiráronlle pétalos.





E isto non foi todo porque tamén fixemos, na entrada do colexio, unha alfombra floral con temática xacobea, de acordo co proxecto que estamos a traballar.


Carreira Letras Galegas

O pasado martes, 16 de maio, o alumnado do CEIP Monseivane participou na Carreira de Letras Galegas celebrada en Vilalba. No caso de quinto e sexto vemos os participantes na imaxe inferior. María Ramudo obtivo o primeiro posto na súa categoría. PARABÉNS A TOD@S!!

Guías do camiño

Entre mestres e alumnos fixemos unha guía da Ruta Norte do Camiño de Santiago, dende Ribadeo ata Compostela. Nela destacamos os lugares de interés, monumentos, gastronomía e outros datos das principais localidades. Os alumnos e alumnas de quinto e sexto encargáronse da guía de Sobrado dos Monxes.


martes, 2 de maio de 2017

Con #Destino STGO

O sábado 29 chegaron a Santiago Lucía Pérez e Tonhito de Poi, despois de camiñar durante 40 días desde Roncesvalles. Despois de seguir o programa "#destino STGO" desde o colexio, Gali-leo foi ata a Praza do Obradoiro para levarlles uns debuxos e chapas de parte dos peregrin@s de Moreda; e tamén para darlles a benvida e os parabéns polo camiño feito. 




Semana do Libro

Cada día da Semana do Libro, dende o luns 24 ata o venres 28, Gali-leo deixou nun baúl un libro de agasallo para cada aula. Rematamos a semana recibindo un marcapáxinas do camiño. 
Graciñas, Gali-leo ;)


Libro co que nos agasallou Gali-leo a 5º e 6º