mércores, 28 de xuño de 2017

Fin de curso

Os días 22 e 23 de xuño festexamos o remate do curso cunha tarta de "Bo camiño", un brindis cheo de bos desexos e moitos xogos na festa da familia.
Esta mestra, titora de 5º e 6º, despídese moi contenta e orgullosa dos seus alumnos. Quero desexarvos a todos moitísima sorte e un bo camiño cheo de cousas boas. Felices e merecidas vacacións!

IRENE




Visita Feiraco

O pasado 14 de xuño, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º viaxaron ata Ames para visitar a planta de Feiraco. Alí viron como se envasa o leite, recibiron unha charla e tamén almorzaron un iogur. 


martes, 20 de xuño de 2017

Entrega premios Escola de Prensa

Hoxe, 20 de xuño, os peregrinos de Moreda recibiron o premio ao mellor xornal de primaria no concurso Escola de Prensa do Progreso. Premio moi merecido dado o esforzo e traballo dos nenos. PARABÉNS, equipazo, e parabéns ao resto de gañadores!! Gracias a todos os que colaboraron, xa que sen eles non sería posible, e tamén ás familias que foron de gran axuda ;)




luns, 12 de xuño de 2017

Excursión fin de curso

Excursión fin de curso

Os pasados días 7, 8 e 9 de xuño os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º viaxaron ata Santiago e as Rías Baixas para disfrutar da excursión de fin de curso.

 Día 7: Tramo do Camiño do Monte do Gozo ata Santiago. Visita aos tellados da catedral, museo das Peregrinacións e paseo pola zona vella e Alameda. Noite no albergue do Monte do Gozo.








Día 8: Parque de aventura de Marín. Paseo en barco, dende o porto do Grove, con degustación de mexillóns e baile. Visita á Illa da Toxa . Noite nun hotel en Meaño.












Día 9: Zoo de Vigo. Visita campo da Madroa (Celta de Vigo). Tarde na praia de Vilagarcía. 



martes, 6 de xuño de 2017

Visita ó mercado e actividades en Vilalba

O pasado 23 de maio os nenos e nenas de primaria foron de excursión ata Vilalba para participar en actividades como a búsqueda dun tesouro e visitar o mercado.

Excursión a Ribadeo

REDACCIÓN: 5º E 6º

O venres, 2 de xuño, os nenos e nenas do CEIP Monseivane, acompañados dos nosos mestres, fomos de excursión a Ribadeo, punto do Camiño Norte.

Primeiro dirixímonos cara a Foz, visitamos a Basílica de San Martiño e collemos o tren cara a Ribadeo. Gustounos moito porque a maioría nunca foramos en tren.



Cando chegamos a Ribadeo paseamos por pé da ría vendo: a ponte dos Santos, o albergue, o Cargadeiro, o reloxo de sol, os restos da muralla e o Forte de San Damián. Tamén aproveitamos para merendar e coller forzas para seguir disfrutando da excursión.


Máis tarde, collemos o autobús ata a Illa Pancha onde observamos os dous faros, un deles reconvertido en hotel. Fixemos fotos e xogamos un pouquiño xa que facía moi bo tempo.


A continuación regresamos ao centro de Ribadeo para dar un paseo polo casco histórico. Na praza de España vimos o Pazo dos Ibáñez, que hoxe en día é a Casa do Concello, a Torre dos Moreno, a Igrexa de Santa María do Campo e o Convento de Santa Clara. Dirixímonos cara o mirador da Atalaia e alí baixamos no ascensor panorámico ata o Porto Deportivo. Volvemos a subir nel e voltamos ó autobús.


A última parada da excursión foi pé da Praia das Catedrais onde xantamos todos xuntos, xogamos un pouco e fixemos fotos da praia. Por último, regresamos a Moreda cansados pero moi contentos polo ben que o pasamos e o moito que aprendemos.