luns, 24 de decembro de 2018

BOAS FESTAS PARA TOD@S E FELIZ 2019!

Festa do nadal e visita dos Reis Magos

O pasado venres, festexamos o nadal con bailes, cancións e outras actuacións, vestidos de bonecos de neve. Tamén recibimos unha visita moi especial que veredes nas seguintes imaxes...


Queremos dar as gracias a Sabela e desexarlle moita sorte!

Decoración navideña

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da nosa árbore de nadal, cos agasallos feitos por todo o alumnado, e tamén do belén que mantén relación co proxecto que estamos a traballar. Así mesmo, tamén vos mostramos as postais feitas polos nenos e nenas. Esperamos que vos gusten!




A volta ao cole en 6 probas

O pasado venres, 21 de decembro, todo o alumnado disfrutou dunha actividade titulada "A volta ao cole en 6 probas". Unha vez feitos os equipos, cada un debía mirar o plano e acudir á zona indicada para tratar de superar diferentes probas relacionadas cos países que estamos a traballar. Ó rematar , todos recibiron unhas moedas de chocolate e un diploma como recompensa.


Parabéns a tod@s!

Saída a Vilalba

O pasado xoves, 20 de decembro, os nenos e nenas do CEIP Monseivane participaron nunha saída a Vilalba. Os máis pequenos fixeron postais nun taller realizado na ludoteca Colorín Colorado. Mentres, o alumnado de Educación Primaria visitou un tráiler sobre enerxías e participou en actividades relacionadas co mesmo.



Proxecto "A volta ao mundo"

Neste curso continuamos traballando sobre o proxecto "A volta ao mundo", e seguimos viaxando con Phileas Fogg e aprendendo cousas sobre outros países. Aquí vos mostramos as portas das aulas decoradas en relación con Estados Unidos, China, India e Japón.


Charla sobre Nueva York

O pasado xoves, 13 de decembro, a mestra Susana veu a visitarnos e contoulles aos nenos e nenas de 5º e 6º como foi a súa viaxe a Nueva York. Tamén lles trouxo mapas, folletos, fotos... Aprendemos un montón!



 Graciñas, Susana ;)

mércores, 5 de decembro de 2018

A VISITA DE DIEGO

Onte recibimos a desexada visita de Diego, o noso compañeiro de Educación Infantil, despois duns días sen poder asistir ao colexio.
O día anterior as nenas e nenos fixeran unhas bólas de Nadal para agasallalo á súa chegada. Todos estabamos moi impacientes por volver a velo e abrazalo.


venres, 30 de novembro de 2018

VISITA A MAXISTERIO

O xoves 29 levamos a cabo unha visita á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.
Alí as nenas e nenos de sexto de primaria desenvolveron un relatorio para o alumnado de maxisterio sobre os proxectos "O camiño de Santiago" e "A volta ao mundo" levados a cabo no noso centro.
Os futuros docentes amosáronse moi interesados polo traballo desenvolvido a través deste proxecto e o noso alumnado recibiu felicitacións pola calidade da súa presentación.
Tamén aproveitamos para facer unha visita guiada por distintas dependencias da facultade.














sábado, 24 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O día 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller.
Para poñer o noso gran de area na promoción deste imprescindible valor, o venres 23 acudimos a unha concentración na Praza da Constitución organizada polo Concello de Vilalba. Alí escoitamos unha peza interpretada por Entre Lusco e Fusco, a lectura dun manifesto contra a violencia machista e gardamos un minuto de silencio polas vítimas.
Dende o CEIP Monseivane reforzamos a expresión da nosa repulsa levando unha pancarta co lema: "Acabemos coa tormenta. Fagamos que saia o sol".



Unha vez de volta ao centro desenvolvemos o noso propio acto cantando a canción "Suave y sutil" de Paulina Rubio na que  través de distintas metáforas se describen situacións como:

"Como una mosca sobre un caramelo
busqué ternura, pero encontré un error...

Pero mi herida fue tu culpa mi amor.
La cura merito mío.

Le puse hielo al vaso medio vacío.
Ya no daría más lágrimas por ti.
Ya se deshizo tu hechizo

Que la princesa se aburrió del cuento.
Con tu permiso cambiaré el final."










xoves, 22 de novembro de 2018

PREMIO DO CONCURSO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Xunta de Galicia convocou un "Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais" para o alumnado do ensino non universitario.
O noso alumnado de sexto de primaria participou neste concurso co obxectivo fomentar rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.
O esforzo que lle puxeron á súa obra obtivo un recoñecemento extra, xa que o seu traballo resultou premiado!
O mércores 21 acudimos con gran alegría á entrega de premios no edificio de San Caetano en Santiago de Compostela e aquí tedes algunhas imaxes do evento.






luns, 12 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018


Debido á intensa actividade desta xornada deixamos o xogos para o día seguinte. En todos eles empregamos as castañas como maeterial lúdico.



luns, 1 de outubro de 2018

VISITA AO "TRÁILER SAUDABLE" DE GADIS

Para comezar coas actividades complementarias deste curso, o pasado mércores 26 visitamos na Praza da Constitución de Vilalba o "Tráiler saudable" de Gadis.
Nel faláronnos de alimentación saudable, vida activa, consumo responsable e desperdicio alimentario.
Aquí vos deixamos unhas imaxes da nosa visita e o enlace a un xogo para que poñades a proba os vosos coñecementos.
"Pon en orde a túa neveira": https://www.gadis.es/xogo_gadis/





Poñendo en práctica os consellos sobre alimentación saudable...

...e sobre vida activa.








xoves, 21 de xuño de 2018

FESTA DE FIN DE CURSO

Hoxe, 21 de xuño, familias, alumnado e profesorado festexamos o fin de curso. Primeiro, participamos en xogos propostos polos monitores de Total Sport e, logo disfrutamos do xantar todos xuntos. Moitas grazas a tod@s e boas vacacións para os máis pequenos!!!!





Moita sorte e bo camiño ;)