martes, 23 de xaneiro de 2018

Excursión aos tres museos científicos

O xoves, 18 de xaneiro, todo o colexio Monseivane fomos A Coruña a visitar os tres museos. Pola mañá estivemos na  Domus e vimos unha película en 3D e xantamos todos xuntos nun dos comedores. Despois de xantar visitamos o Acuario, onde aprendimos moitas cousas, tocamos crías de quenlla, vimos polbos... e coñecimos ó gran Gastón. Despois, pola tarde, visitamos o Planetario onde vimos unha película moi divertida titulada " A nena que andaba ó revés". Pasámolo xenial!











luns, 15 de xaneiro de 2018

Proxecto "A volta ó mundo"

Seguimos traballando no noso proxecto, "A volta ó mundo", esta vez decorando as portas das clases e facendo un mural de benvida.