mércores, 23 de maio de 2018

IX CARREIRA POPULAR ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, como xa fixemos o pasado, participamos na IX Carreira popular escolar das letras galegas, organizada polo Concello de Vilalba, que tivo lugar na Plaza da Constitución e que participaron numerosos nenos e nanas de moitos centros.


DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA



O 21 de Marzo festexamos o día da árbore e da poesía, plantamos o noso Salgueiro Viaxeiro e tamén recitamos poesías e algunha canción, aquí tedes algunhas fotos de ese día.








mércores, 2 de maio de 2018

DIA DO LIBRO

O Luns 23 de abril festexamos o día do libro, todos os nenos e nenas do colexio, coa axuda das súas familias, participaron nun concurso de fundas de coxín, cada un escolleu un libro e plasmaron a súa portada na funda, mediante a técnica que quixera. Todos os participantes recibiron un agasallo polo seu esforzo, e os coxíns gañadores enchéronse para ser expostos na biblioteca