O pasado 25 de Novembro mostramos o noso rexeitamento contra a violencia de xénero. Os nenos/as de E.I, 1º,2ºe3º de Educación Primaria, desfrutaron do contacontos: "Familias de Lonxedetodo", interpretado por Isabel Risco.
Logo, desprazámonos ata Vilalba, onde fixemos unha parada chea de maxia e ilusión na casa do Rato Pérez.
Seguidamente, baixo o lema:" Vilalba en negro", asistimos ó acto organizado polo concello, aportando os zapatos vermellos feitos por nós, que representan o camiño cara a igualdade.
Ademais, o domingo 1 de Decembro, participamos no acto: "Expresarte en igualdade", organizado polo concello de Vilalba coa representación da obra" Clementina e Arturo". Nela empregamos a técnica de teatro de sombras. Aquí vos deixamos unha mostra:
A
historia de Arturo e Clementina expresa perfectamente a metáfora da
“gaiola de ouro”. Arturo aprópiase rapidamente dos medios de
subsistencia básicos para facer que Clementina se sinta dependente
del. Tamén despreza as súas aspiracións minando a súa autoestima.
Ao mesmo tempo, dun xeito autocompracente, cobrea de agasallos, que
ela non desexa, tentando encubrir o seu comportamento manipulador e
buscando xerar nela a obriga de estar agradecida.
Este
conto axúdanos a comprender a necesidade dunha sólida formación
da identidade e a importancia de coñecernos e respectarnos tal cal
somos, de xeito que evitemos adaptarnos ao outro ata o punto de anular
a propia personalidade.