sábado, 22 de outubro de 2016

Taller de cabazas e decoración da aula

O pasado xoves, 20 de outubro, fixemos na clase de plástica un taller no que os nenos e nenas, repartidos por parellas, pintaron e decoraron unha cabaza. Este foi o resultado...



Tamén decoramos a aula. Nas seguintes fotos podedes ver a porta e esa pedazo araña que invadiu a nosa aula. BO SAMAÍN!


1ª Etapa: Ribadeo-Lourenzá

Gali-leo comprou o credencial en Ribadeo e comezou o seu camiño ata Santiago. Rematou esta primeira etapa en Lourenzá despois de percorrer 29,5 km. Aquí vos deixamos un mapa do camiño e tamén algunhas fotos. BO CAMIÑO, GALI-LEO!


 Arriba, Gali-leo xunto da Torre dos Moreno en Ribadeo e; abaixo, xunto do Monasterio de San Salvador en Lourenzá.

sábado, 15 de outubro de 2016

Gali-leo marcha facer o camiño de Santiago!

O pasado venres, 14 de outubro, Gali-leo (a mascota da biblioteca) apareceu vestido de peregrino. Ademais todos os nenos e nenas de colexio coñeceron ó novo Gali-leo feito de tela.


Gali-leo marcha facer o camiño de Santiago desde Ribadeo e virá cargado de fotos para encher o seguinte corcho, e tamén de moitas anécdotas e aventuras para contarlles aos nenos e nenas de Moreda.


Eu enseñeilles o que leva un peregrino na súa mochila e tamén lles contei como foi o camiño que fixen o ano pasado desde O Cebreiro. Falamos dos albergues, do credencial e a compostelana, dos sinais do camiño, da indumentaria que levaban antigamente os peregrinos, etc. Xa vos contaremos máis deste proxecto e do camiño de Gali-leo ;)

Erizos con follas

Estes son os erizos que fixeron 5º e 6º , con follas de árbores:

mércores, 12 de outubro de 2016

As follas do outono

Estes días os nenos e nenas de 5º e 6º recolleron follas e investigaron sobre as árbores ás que pertencen, conseguindo facer o que vedes nas imaxes:


venres, 7 de outubro de 2016

Chegou o outono!

O outono tamén chegou a clase de 5º e 6º, e Pelegrín xa botou a andar cara a Santiago!


Peregrinos e peregrinas

Que artistas están feitos estes nenos e nenas de 5º e 6º! Mirade que peregrinos debuxaron...