sábado, 4 de marzo de 2017

As consignas do Entroido

O Entroido chegou ó colexio e as consignas para toda a semana nos puxo...



Conchas pintadas por todo o alumnado do colexio.

Cesta do Entroido

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º venderon mil papeletas para o sorteo dunha cesta chea de produtos do Entroido. Ismael e Adrián Castro Ramudo foron os premiados. PARABÉNS!

mércores, 1 de febreiro de 2017

Día da Paz

O pasado luns, 30 de xaneiro, festexamos no colexio o Día da Paz. Primeiro, os nenos e nenas de sexto fixeron unha presentación do seu tren da paz, no que falaron do motivo de celebración deste día e dalgúns premios nobel da paz. Logo, fixemos maxia no camiño e transformamos as cousas malas en boas meténdoas nunha chistera e dicindo unhas palabras máxicas. Rematamos, bailando a canción "Bajo el mismo sol".



domingo, 22 de xaneiro de 2017

Escola de Prensa

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º participan nun concurso do Progreso que consiste en elaborar un xornal de 32 páxinas antes do 16 de maio. Podedes ver no seguinte enlace o noso vídeo de presentación:

Volta ó mundo

Esta semana os peregrinos e peregrinas de Moreda desviáronse do camiño para dar unha volta polo mundo e buscar curiosidades sobre algunhas cidades, países, illas... Este foi o resultado:




mércores, 18 de xaneiro de 2017

Rutas Camiño de Santiago

Estes días os peregrinos e peregrinas de Moreda percorreron os distintos camiños e rutas ata chegar a Santiago de Compostela. A continuación, podedes ver as imaxes dos mapas de Galicia e España. Tamén vos mostro a imaxe da maqueta do Camiño que temos na entrada do centro, desta vez sen as figuras de nadal. BO CAMIÑO!!





FELIZ 2017!

Comezamos o ano cun pequeno agasallo dos Reis Magos ;) FELIZ 2017 PARA TOD@S!! E gracias ós que seguides este blog!!