domingo, 12 de marzo de 2017

Taller sobre estereotipos sexuais

O pasado martes, 7 de marzo, os alumnos de 5º e 6º participaron nun taller sobre estereotipos sexuais no que debatiron sobre o tema e viron algunhas imaxes e vídeos tamén relacionados co mesmo.


sábado, 4 de marzo de 2017

Concurso de disfraces Vilalba

O pasado martes, 28 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º acudiu a Vilalba acompañado dos seus familiares para participar no Concurso de Disfraces 2017. Nenos e nenas de 4º, vestid@s de gaitir@s, participaron como a comparsa "Ó son da gaita" e gañaron 100 euros. Nenos e nenas de 5º e 6º, vestid@s de peregrin@s, participaron como a comparsa "Facendo o Camiño" e gañaron 150 euros conseguindo un 2º premio. PARABÉNS A TOD@S!

"Ó son da gaita"
"Facendo o Camiño"

Festa do Entroido

O pasado 24 de febreiro festexamos no CEIP Monseivane a Festa do Entroido. Primeiro fixemos un desfile ó redor do colexio e tamén algunhas fotos de grupo que vos mostramos a continuación. Logo bailamos e cantamos no pavillón, fixemos unha gymkana do camiño superando varias probas e conseguindo así selar a credencial e obtendo a compostelá en Santiago. Por último, merendamos as sobremesas que nos trouxeron as familias e fixemos o xuízo do Entroido, lemos o seu testamento e defensa; e rematamos ca súa queima. MOITAS GRACIAS A TOD@S!

Desfile.

Fotos de grupo.

Bailes.

Gymkana.

Xuízo, testamento, defensa e queima do Entroido,

Preparando a Festa do Entroido!

Alumnado e profesorado levaba moito tempo preparando a Gran Festa do Entroido deste ano. Como xa sabedes, o tema principal foi o Camiño de Santiago (Ruta Norte).

Facendo debuxos.
Preparando disfraces e complementos.

Facendo monumentos principais da ruta e preparando xogos para a gymkana do Camiño de Santiago.

Facendo chaveiros, imáns e chapas para recaudar diñeiro para a excursión.

As consignas do Entroido

O Entroido chegou ó colexio e as consignas para toda a semana nos puxo...



Conchas pintadas por todo o alumnado do colexio.

Cesta do Entroido

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º venderon mil papeletas para o sorteo dunha cesta chea de produtos do Entroido. Ismael e Adrián Castro Ramudo foron os premiados. PARABÉNS!

mércores, 1 de febreiro de 2017

Día da Paz

O pasado luns, 30 de xaneiro, festexamos no colexio o Día da Paz. Primeiro, os nenos e nenas de sexto fixeron unha presentación do seu tren da paz, no que falaron do motivo de celebración deste día e dalgúns premios nobel da paz. Logo, fixemos maxia no camiño e transformamos as cousas malas en boas meténdoas nunha chistera e dicindo unhas palabras máxicas. Rematamos, bailando a canción "Bajo el mismo sol".