martes, 2 de maio de 2017

Semana do Libro

Cada día da Semana do Libro, dende o luns 24 ata o venres 28, Gali-leo deixou nun baúl un libro de agasallo para cada aula. Rematamos a semana recibindo un marcapáxinas do camiño. 
Graciñas, Gali-leo ;)


Libro co que nos agasallou Gali-leo a 5º e 6º

sábado, 22 de abril de 2017

Visita Sabela

O pasado xoves, 20 de abril, tivemos a sorte de recibir na biblioteca do colexio a Sabela Núñez Singala, autora do libro "O agasallo de Anya". Non hai mellor forma de festexar o Día do Libro, por adiantado, que escoitando contar a Sabela todo o que se agocha detrás do seu libro. Gali-leo, a mascota da biblioteca, quedou encantado de coñecer a Xiana e disfrutar do seu soño.
Grazas, unha vez máis!


luns, 17 de abril de 2017

Venres de Pascua

O pasado venres, 7 de abril, festexamos no colexio o Día de Pascua. Os nenos e nenas do colexio seguiron as pistas en inglés que escribiu a profe Lucía. Buscaron ovos de chocolate por todo o patio que recolleron nos seus cestos para logo comelos.



mércores, 29 de marzo de 2017

Día da árbore

O pasado venres, 24 de de marzo, festexamos o día da árbore plantando un ameneiro ó que os nenos e nenas de sexto bautizaron como "Amenín, O Pelegrín". Tamén recitamos unhas cantigas e cantamos o himno galego.



xoves, 23 de marzo de 2017

mércores, 22 de marzo de 2017

Concurso de Carteis da Festa do Queixo 2018

A continuación móstrovos os carteis que deseñaron, debuxaron e pintaron os peregrinos e peregrinas de 5º e 6º para participar no Concurso de Carteis da Festa do Queixo 2018. SORTE a tod@s e PARABÉNS polo voso traballo!!

Día da poesía

Onte, 21 de marzo, festexamos na Casa da Cultura de Vilalba o Día da Poesía. Dúas alumnas do noso centro acudiron para ler os seus poemas. No caso de Mireia Ramudo leu un poema de creación propia titulado "O longo camiño de Santiago" e Iris Gato leu o poema "Galicia" de Manuel María. PARABÉNS!!