mércores, 27 de decembro de 2017

BOAS FESTAS E FELIZ 2018!

Nadal

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do nadal no CEIP Monseivane. Tanto o belén como a árbore de nadal están relacionados co proxecto "A volta ao mundo". Tamén vos mostramos imaxes do festival e da visita do rei mago. 
BO NADAL A TOD@S!











martes, 21 de novembro de 2017

Por un mundo sen violencia

A continuación presentamos o traballo que fixo o noso colexio en contra da violencia, que se celebra o próximo 25 de Novembro onde participamos todos os nenos e nenas e fixemos un mural con mensaxes en contra da violencia.






martes, 7 de novembro de 2017

Samaín e Magosto

O pasado 1 de Novembro festexamos pola mañá no colexio  o Samaín, onde fixemos diversas actividades: disfrazámonos, fixemos unhas cabazas terroríficas, bailamos, fixemos una obra de teatro e tamén fixemos adivinanzas e os maiores contáronos un conto titulado " O colexio embruxado". Déixovos algunhas fotos para que vexades o ben que pasamos:




















E pola tarde, festexamos o Magosto, onde asamos e comimos as castañas e xogamos a xogos populares típicos do magosto. A nosa compañeira Susana entregou os premios ás cabazas máis terroríficas, traballadas e orixinais.








Curso de soporte vital básico e outras técnicas de primeiros auxilios

O pasado luns, 30 de outubro, visitounos a doutora e antiga alumna do centro, Pilar Teijeiro Blanco, onde explicou para os alumnos de cuarto, quinto e sexto unhas nocións básicas sobre reanimación cardiopulmonar. Estivo xenial e aprendemos moito, gracias Pili!






venres, 27 de outubro de 2017

Visita Phileas Fogg

O pasado xoves 19 de Outubro visitounos o elegantísimo Phileas Fogg para contarnos a súa viaxe e convidarnos a acompañalo, aproveitamos para sacarnos unhas fotos con el e tamén nos deixou os nosos pasaportes para poder comezar esta trepidante viaxe.