xoves, 31 de xaneiro de 2019
"Día Internacional da Paz e a Non Violencia"
O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia levando a cabo diversas actividades. Elaboramos un mural coa imaxe do planeta Terra e un montón de coloridas mans, nas que as nenas e nenos redactaron os seus desexos en favor da paz e a convivencia. Ademais incluimos a frase de Eduardo Galeano, "Moita xenta pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo". Tamén cantamos e bailamos a canción "Tu enemigo", que trata a temática dos refuxiados e a inmigración provocada por conflitos bélicos ou políticos.
luns, 24 de decembro de 2018
Festa do nadal e visita dos Reis Magos
O pasado venres, festexamos o nadal con bailes, cancións e outras actuacións, vestidos de bonecos de neve. Tamén recibimos unha visita moi especial que veredes nas seguintes imaxes...
Queremos dar as gracias a Sabela e desexarlle moita sorte!
Decoración navideña
Aquí vos deixamos algunhas imaxes da nosa árbore de nadal, cos agasallos feitos por todo o alumnado, e tamén do belén que mantén relación co proxecto que estamos a traballar. Así mesmo, tamén vos mostramos as postais feitas polos nenos e nenas. Esperamos que vos gusten!
A volta ao cole en 6 probas
O pasado venres, 21 de decembro, todo o alumnado disfrutou dunha actividade titulada "A volta ao cole en 6 probas". Unha vez feitos os equipos, cada un debía mirar o plano e acudir á zona indicada para tratar de superar diferentes probas relacionadas cos países que estamos a traballar. Ó rematar , todos recibiron unhas moedas de chocolate e un diploma como recompensa.
Parabéns a tod@s!
Saída a Vilalba
O pasado xoves, 20 de decembro, os nenos e nenas do CEIP Monseivane participaron nunha saída a Vilalba. Os máis pequenos fixeron postais nun taller realizado na ludoteca Colorín Colorado. Mentres, o alumnado de Educación Primaria visitou un tráiler sobre enerxías e participou en actividades relacionadas co mesmo.
Proxecto "A volta ao mundo"
Neste curso continuamos traballando sobre o proxecto "A volta ao mundo", e seguimos viaxando con Phileas Fogg e aprendendo cousas sobre outros países. Aquí vos mostramos as portas das aulas decoradas en relación con Estados Unidos, China, India e Japón.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









