domingo, 27 de novembro de 2016

4ª Etapa: Vilalba-Baamonde

Gali-leo chegou a Baamonde despois de camiñar 20,7 km dende Vilalba, rematando deste xeito a 4ª etapa do Camiño Norte de Santiago que comezou en Ribadeo.


Arriba, Gali-leo pasando pola Igrexa de Alba.
Abaixo, podemos ver o seu paso pola ponte de Saa e a Igrexa de Santa María de Vilalba.

venres, 25 de novembro de 2016

Contra a violencia (25 de novembro)

O CEIP Monseivane tamén se uniu á campaña "En negro contra a violencia". Os nenos e nenas de 5º e 6º debatimos e reflexionamos sobre este tema, e comprometémonos a comportarnos e expresarnos oralmente, sempre rexeitando a violencia. Máis información sobre esta campaña en: 
http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/


domingo, 20 de novembro de 2016

3ª Etapa: Abadín-Vilalba

Gali-leo fixo xa a terceira etapa do camiño de Santiago, dende Abadín ata Vilalba. Recorreu sobre 20 km pasando, entre outros, pola ponte vella de Martiñán e pola Igrexa de Goiriz. 


Arriba, Gali-leo pasando por Goiriz. Abaixo, está paseando por Vilalba

sábado, 5 de novembro de 2016

Magosto

Na tarde do pasado venres, 4 de outubro, festexamos o Magosto. Os nenos e nenas de 6º, vestidos de castañeiros e castañeiras, asaron unhas poucas castañas. Todos xuntos participamos en diferentes xogos no pabellón. E, para rematar, comemos castañas!

Castañeir@s de 6º asando as castañas
Nen@s de E.I disfrutando dos xogos con castañas






Botes para as castañas, de 5º e 6º

Festa de Samaín

Na mañá do venres, 4 de outubro, festexamos o Samaín no CEIP Monseivane. Alumnado e profesorado vestímonos da maneira máis terrorífica para celebrar dita festa. Comezaron actuando os máis pequenos do colexio, seguindo os de primaria e rematando todos xuntos cun baile ao ritmo da canción "Los esqueletos".

Nen@s de E.I representando "O fantasma Nicolás"
Nen@s de 1º e 2º contando historias de bruxos e bruxas

Nen@s de 3º e 4º escenificando a lenda de "Jack, el de la linterna"

Teatro de marionetas feito e representado polos nen@s de 5º e 6º

Alumnado e profesorado bailando "Los esqueletos"

E pola tarde entregamos os premios do concurso de cabazas. Houbo tres premios: para Xurxo pola cabaza máis creativa e orixinal, para Álex pola cabaza con máis traballo e dedicación e; para Toni pola cabaza máis terrorífica e escalofriante. O xurado estivo composto por mestres do curso pasado que nos fixeron unha visita. Graciñas, ata a próxima, e parabéns a todos os participantes no concurso de cabazas!

Cabazas dos participantes
Xurado entregando os premios

venres, 28 de outubro de 2016

Tramo Goiriz-Vilalba

Hoxe, 28 de outubro, os nenos e nenas do colexio de Moreda convertéronse en peregrinos dende Goiriz ata Vilalba. Disfrutaron deste tramo do camiño seguindo os sinais ou hitos, vendo e disfrutando da paisaxe, collendo castañas e mesmo poidemos visitar tamén a Torre dos Andrade por dentro. Que ben o pasamos!



Peregrinos de 5º e 6º
Todo o alumnado diante da Torre dos Andrade

xoves, 27 de outubro de 2016

Saída a Vilalba "Mirar con tacto"

Hoxe, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º desprazáronse ata a Casa da Cultura de Vilalba para facer unha actividade titulada "Mirar con tacto". Tratábase de tocar, cos ollos tapados, pinturas en relieve e logo pintalas nun folio. Para explorar os cadros debían escoitar unhas instruccións. Tamén trataron de adiviñar de que esculturas se trataban só con tocalas. E, por último, construíron con arcilla "El abrazo de Juan Genovés", unha das esculturas que se atopaba na sala en tamaño pequeno.