mércores, 23 de maio de 2018

IX CARREIRA POPULAR ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, como xa fixemos o pasado, participamos na IX Carreira popular escolar das letras galegas, organizada polo Concello de Vilalba, que tivo lugar na Plaza da Constitución e que participaron numerosos nenos e nanas de moitos centros.


DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA



O 21 de Marzo festexamos o día da árbore e da poesía, plantamos o noso Salgueiro Viaxeiro e tamén recitamos poesías e algunha canción, aquí tedes algunhas fotos de ese día.








mércores, 2 de maio de 2018

DIA DO LIBRO

O Luns 23 de abril festexamos o día do libro, todos os nenos e nenas do colexio, coa axuda das súas familias, participaron nun concurso de fundas de coxín, cada un escolleu un libro e plasmaron a súa portada na funda, mediante a técnica que quixera. Todos os participantes recibiron un agasallo polo seu esforzo, e os coxíns gañadores enchéronse para ser expostos na biblioteca















luns, 23 de abril de 2018

TALLER DE CIENCIA: EXTRACCIÓN DO ADN DUNHA FROITA

O venres 20 de Abril, os nenos e nenas de 5º e 6º sentíronse científicos por unhas horas, xa que visitounos Ángeles Prieto, que traballa nun laboratorio en Santiago e ensinounos a extraer o ADN dun Kiwi e así poder observar a súa estrutura externa, aprendemos moito e o pasamos fenomenal







mércores, 14 de marzo de 2018

ÓPERA: REPRESENTACIÓN DE

O dia, 7/03/2018, os alumnos de 1º,2º y 3º asistiron o Auditorio  Municipal de Vilalba para ver a representación de "AIDA", representada por un conxunto de artistas entre os que figuraban a compañia de teatro da Opera  Nacional de Moldavia



mércores, 21 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018

O viernes 9 de Febreiro festexamos no cole, o noso particular entroido, que este ano, seguindo co noso proxecto "A volta o Mundo", cada clase caracterizouse do país que lle tocaba traballar, ademais tiveron que superar uns xogos para poder cubrir o seu pasaporte e os pais e nais fixeron uns doces riquísimos típicos de cada país, pasámolo xenial e aprendimos moitas cousas