sábado, 29 de febreiro de 2020

OUR ENGLISH CLASS PROJECTS

Nas clases de Inglés estamos aprendendo moitas cousas, pero o máis interesante é aprender a comunicarnos noutra lingua. O traballo con rutinas tales como saúdos, a data, o tempo atmosférico e os gustos son moi útiles para mellorar as nosas habilidades comunicativas. O que máis nos costa é falar en público, pero como se adoita dicir “practise makes perfect”, ou sexa, a práctica é a forma de mellorar. 


Ademáis doutras moitas actividades que vos iremos contando, durante o presente trimestre comezamos a incluir os proxectos en lingua inglesa.
Nestas imaxes podedes vernos posando orgullosos cos nosos proxectos durante a presentación diante dos nosos compañeiros. Ditos proxectos están baseados nos contidos traballados na unidade de cada curso: Quinto fíxoo sobre hábitos saudables, “Keep healthy”, e sexto sobre prácticas ecolóxicas, “Go green”.






Seguide as nosas recomendacións: facede exercicio, bebede moita auga, comede san, mantede unhas boas normas de hixiene e tomade boa nota para mellorar a vida no noso planeta. Keep healthy and go green! 

venres, 31 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ!


O 30 de Xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ no CEIP Monseivane, a través da canción da paz de "Mamá cabra". A cal bailaron o alumnado de Educación Infantil, 1º,2º e 3º de EP, e cantaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º. Amais disto, elaboramos o mural " Búscanse superhéroes/ superheroínas de conto". Para reivindicar a importancia desta conmemoración e que entre todos/as fagamos un mundo mellor no que a paz sexa a protagonista.
Aquí vos deixamos algunhas fotos:




Tamén elaboramos un vídeo dando un significado positivo a termos relacionados en ocasións cos conflictos bélicos.
Aquí vos deixamos un enlace para a súa visualización. Pinchade na imaxe para velo. Esperamos que vos guste.

https://vimeo.com/394428595



mércores, 8 de xaneiro de 2020

UN NADAL DE CONTO!


O pasado venres 20 de Decembro, no CEIP Monseivane celebramos a chegada do nadal. Como fomos moi bos e boas, Papa Noel veu cargado de regalos para tod@s. Logo, desfrutamos de bailes e cancións representadas polo alumnado do colexio. E rematamos na biblioteca cun contacontos, a cargo de Begoña Ramudo, amiga do ratiño Pérez e escritora do seu libro. Aquí vos deixamos algunhas fotos:

Agasallos do Ratiño Pérez





mércores, 18 de decembro de 2019

EXCURSIÓN A LUGO!

O pasado 10 de decembro, fomos de excursión a Lugo. Os cativos de 5º e 6º de E.P. visitaron as instalacións do xornal " El Progreso", e  coñeceron a través dun vídeo o proceso que vai desde a aparición dunha noticia ata a súa publicación. 
Logo todo o alumnado do CEIP Monseivane  participou nun obradoiro na Fundación Abanca, relacionado coa exposición que previamente visitaron do artista Oswaldo Guayasamín. Que ben o pasamos!
Aquí vos deixamos algunhas fotos:










mércores, 4 de decembro de 2019

25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   O pasado 25 de Novembro mostramos o noso rexeitamento contra a violencia de xénero. Os nenos/as de E.I, 1º,2ºe3º de Educación Primaria, desfrutaron do contacontos: "Familias de Lonxedetodo", interpretado por Isabel Risco.
Logo, desprazámonos ata Vilalba, onde fixemos  unha parada chea de maxia e ilusión na casa do Rato Pérez.
Seguidamente, baixo o lema:" Vilalba en negro", asistimos ó acto organizado polo concello, aportando os zapatos vermellos feitos por nós, que representan o camiño cara a igualdade.











Ademais, o domingo 1 de Decembro, participamos no acto: "Expresarte en igualdade", organizado polo concello de Vilalba coa representación da obra" Clementina e Arturo". Nela empregamos a técnica de teatro de sombras. Aquí vos deixamos unha mostra:




A historia de Arturo e Clementina expresa perfectamente a metáfora da “gaiola de ouro”. Arturo aprópiase rapidamente dos medios de subsistencia básicos para facer que Clementina se sinta dependente del. Tamén despreza as súas aspiracións minando a súa autoestima. Ao mesmo tempo, dun xeito autocompracente, cobrea de agasallos, que ela non desexa, tentando encubrir o seu comportamento manipulador e buscando xerar nela a obriga de estar agradecida.

Este conto axúdanos a comprender a necesidade dunha sólida formación da identidade e a importancia de coñecernos e respectarnos tal cal somos, de xeito que evitemos adaptarnos ao outro ata o punto de anular a propia personalidade.

sábado, 9 de novembro de 2019

MAGOSTO

O pasado venres, 8 de novembro, festexamos o magosto cun menú servido sobre un salvamanteis feito polo alumnado. Non faltaron as castañas asadas e xogos nos que este produto de outono era o protagonista. Que ben o pasamos!!


UN SAMAÍN DE CONTO

O pasado mércores, 30 de novembro, festexamos o Samaín no CEIP Monseivane. Despois de desfrutar dun menú terrorífico, tiveron lugar as seguintes actuacións: obra de teatro "Hansel, Gretel e a casiña de chocolate", baile "Triller", cancións, poemas...e, por último, a entrega de premios do concurso de sombreiros feitos en colaboración coas familias. A continuación, deixámosvos uns vídeos con imaxes da xornada.