O venres, 2 de xuño, os nenos e
nenas do CEIP Monseivane, acompañados dos nosos mestres, fomos de excursión a
Ribadeo, punto do Camiño Norte.
Primeiro dirixímonos cara a Foz,
visitamos a Basílica de San Martiño e collemos o tren cara a Ribadeo. Gustounos
moito porque a maioría nunca foramos en tren.
Cando chegamos a Ribadeo paseamos
por pé da ría vendo: a ponte dos Santos, o albergue, o Cargadeiro, o reloxo de
sol, os restos da muralla e o Forte de San Damián. Tamén aproveitamos para
merendar e coller forzas para seguir disfrutando da excursión.
Máis tarde, collemos o autobús
ata a Illa Pancha onde observamos os dous faros, un deles reconvertido en
hotel. Fixemos fotos e xogamos un pouquiño xa que facía moi bo tempo.
A continuación regresamos ao
centro de Ribadeo para dar un paseo polo casco histórico. Na praza de España
vimos o Pazo dos Ibáñez, que hoxe en día é a Casa do Concello, a Torre dos
Moreno, a Igrexa de Santa María do Campo e o Convento de Santa Clara.
Dirixímonos cara o mirador da Atalaia e alí baixamos no ascensor panorámico ata
o Porto Deportivo. Volvemos a subir nel e voltamos ó autobús.
A última parada da excursión foi
pé da Praia das Catedrais onde xantamos todos xuntos, xogamos un pouco e
fixemos fotos da praia. Por último, regresamos a Moreda cansados pero moi
contentos polo ben que o pasamos e o moito que aprendemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario