sábado, 23 de marzo de 2019

"Día da Árbore e a Auga"

Este venres 22 conmemoramos o "Día da Árbore e a Auga".
Para informarnos sobre o tema, todo o alumnado fixo previamente a lectura dun libro facilitado pola Deputación de Lugo e adaptado aos distintos niveis. O de  Educación Infantil e primeiro de Primaria titúlase "A camiñada de Pin e Gas" e o do resto de cursos "O poder da auga".
Tamén nos enviaron un bidueiro que plantamos e ao que bautizamos como "Bidueiro Xogueteiro".

venres, 22 de marzo de 2019

Visita á quexería Don Crisanto e ao invernadoiro de María del Mar Trastoy.

Esta mañá saímos visitar dúas empresas da nosa contorna máis próxima.
Primeiro fomos á queixería Don Crisanto, onde nos explicaron o proceso de elaboración de diversos queixos, entre eles o máis coñecido, San Simón da Costa Denominación de Orixe Protexida. Tamén nos invitaron a degustar esta e outras especialidades das que producen na súa factoría.



 

Ao rematar esta visita fixemos unha pequena ruta camiñando ata o invernadoiro de María del Mar Trastoy. Aquí descubríronnos como, en troncos de carballo, producen unha seta chamada "shiitake". Ademais combinan esta produción coa de amorodos ecolóxicos.


 






xoves, 21 de marzo de 2019

Unha mañá na ópera


Esta mañá, dentro das nosas actividades complementarias, desprazámonos ao Auditorio Municipal de Vilalba para asistir ao "making off" da ópera "Cavalleria Rusticana".
O alumnado recibiu variadas explicacións sobre a ópera en xeral, esta obra en concreto e as persoas e personaxes que nela participan. Tamén puideron interactuar cos artistas participando como figurantes na representación dunha pequena escea.




venres, 15 de marzo de 2019

Obradoiro sobre "Estereotipos e Roles de Xénero".

O alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Primaria participou o xoves 14 nun obradoiro sobre estereotipos sexistas. Impartiuna Ramón, un monitor de "Andamiaxe Innova", a proposta do Concello de Vilalba e en relación co "Día internacional da muller". Nela desenvolveuse a idea de como os estereotipos de xénero, baseados en convencións sociais sen un fundamento real, poden condicionar e coartar os pensamentos, sentimentos, decisións, etc. das persoas.



luns, 4 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

O pasado venres, 1 de marzo, festexamos o Entroido. Adicamos os nosos disfraces, actuacións, xogos e sobremesas ao proxecto que estamos a levar a cabo durante estes dous últimos cursos, "A volta ao mundo en 80 días". Cada grupo centrouse no país que está a traballar máis especificamente ao longo deste curso. Convidámosvos a que adiviñedes cales son.
    A foto de equipo.♥



   Algunhas instantáneas
  das nosas estelares actuacións.☺
Xogos en familia.

   
   Sobremesas moi cosmopolitas
   aportadas polas familias.
Recibimos a herdanza do Meco.
                                               O Meco foi xulgado
polas súas trasnadas. 
(Estamos seguros que para o
ano renacerá das súas cinzas)



xoves, 21 de febreiro de 2019

Charlas sobre "Educación Sexual"

Os días 15 e 20 de febreiro, o alumnado de quinto e sexto de primaria recibiu dúas charlas formativas sobre educación sexual impartidas polo médico e sexólogo Miguel Francisco Rodríguez Piñan.


xoves, 31 de xaneiro de 2019

"Día Internacional da Paz e a Non Violencia"

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia levando a cabo diversas actividades. Elaboramos un mural coa imaxe do planeta Terra e un montón de coloridas mans, nas que as nenas e nenos redactaron os seus desexos en favor da paz e a convivencia. Ademais incluimos a frase de Eduardo Galeano, "Moita xenta pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".  Tamén cantamos e bailamos a canción "Tu enemigo", que trata a temática dos refuxiados e a inmigración provocada por conflitos bélicos ou políticos.



Aquí vos deixamos un anaco da nosa actuación: