mércores, 1 de febreiro de 2017

Día da Paz

O pasado luns, 30 de xaneiro, festexamos no colexio o Día da Paz. Primeiro, os nenos e nenas de sexto fixeron unha presentación do seu tren da paz, no que falaron do motivo de celebración deste día e dalgúns premios nobel da paz. Logo, fixemos maxia no camiño e transformamos as cousas malas en boas meténdoas nunha chistera e dicindo unhas palabras máxicas. Rematamos, bailando a canción "Bajo el mismo sol".