mércores, 18 de decembro de 2019

EXCURSIÓN A LUGO!

O pasado 10 de decembro, fomos de excursión a Lugo. Os cativos de 5º e 6º de E.P. visitaron as instalacións do xornal " El Progreso", e  coñeceron a través dun vídeo o proceso que vai desde a aparición dunha noticia ata a súa publicación. 
Logo todo o alumnado do CEIP Monseivane  participou nun obradoiro na Fundación Abanca, relacionado coa exposición que previamente visitaron do artista Oswaldo Guayasamín. Que ben o pasamos!
Aquí vos deixamos algunhas fotos:










mércores, 4 de decembro de 2019

25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   O pasado 25 de Novembro mostramos o noso rexeitamento contra a violencia de xénero. Os nenos/as de E.I, 1º,2ºe3º de Educación Primaria, desfrutaron do contacontos: "Familias de Lonxedetodo", interpretado por Isabel Risco.
Logo, desprazámonos ata Vilalba, onde fixemos  unha parada chea de maxia e ilusión na casa do Rato Pérez.
Seguidamente, baixo o lema:" Vilalba en negro", asistimos ó acto organizado polo concello, aportando os zapatos vermellos feitos por nós, que representan o camiño cara a igualdade.











Ademais, o domingo 1 de Decembro, participamos no acto: "Expresarte en igualdade", organizado polo concello de Vilalba coa representación da obra" Clementina e Arturo". Nela empregamos a técnica de teatro de sombras. Aquí vos deixamos unha mostra:




A historia de Arturo e Clementina expresa perfectamente a metáfora da “gaiola de ouro”. Arturo aprópiase rapidamente dos medios de subsistencia básicos para facer que Clementina se sinta dependente del. Tamén despreza as súas aspiracións minando a súa autoestima. Ao mesmo tempo, dun xeito autocompracente, cobrea de agasallos, que ela non desexa, tentando encubrir o seu comportamento manipulador e buscando xerar nela a obriga de estar agradecida.

Este conto axúdanos a comprender a necesidade dunha sólida formación da identidade e a importancia de coñecernos e respectarnos tal cal somos, de xeito que evitemos adaptarnos ao outro ata o punto de anular a propia personalidade.