sábado, 29 de febreiro de 2020

OUR ENGLISH CLASS PROJECTS

Nas clases de Inglés estamos aprendendo moitas cousas, pero o máis interesante é aprender a comunicarnos noutra lingua. O traballo con rutinas tales como saúdos, a data, o tempo atmosférico e os gustos son moi útiles para mellorar as nosas habilidades comunicativas. O que máis nos costa é falar en público, pero como se adoita dicir “practise makes perfect”, ou sexa, a práctica é a forma de mellorar. 


Ademáis doutras moitas actividades que vos iremos contando, durante o presente trimestre comezamos a incluir os proxectos en lingua inglesa.
Nestas imaxes podedes vernos posando orgullosos cos nosos proxectos durante a presentación diante dos nosos compañeiros. Ditos proxectos están baseados nos contidos traballados na unidade de cada curso: Quinto fíxoo sobre hábitos saudables, “Keep healthy”, e sexto sobre prácticas ecolóxicas, “Go green”.






Seguide as nosas recomendacións: facede exercicio, bebede moita auga, comede san, mantede unhas boas normas de hixiene e tomade boa nota para mellorar a vida no noso planeta. Keep healthy and go green!