sábado, 9 de novembro de 2019

MAGOSTO

O pasado venres, 8 de novembro, festexamos o magosto cun menú servido sobre un salvamanteis feito polo alumnado. Non faltaron as castañas asadas e xogos nos que este produto de outono era o protagonista. Que ben o pasamos!!


UN SAMAÍN DE CONTO

O pasado mércores, 30 de novembro, festexamos o Samaín no CEIP Monseivane. Despois de desfrutar dun menú terrorífico, tiveron lugar as seguintes actuacións: obra de teatro "Hansel, Gretel e a casiña de chocolate", baile "Triller", cancións, poemas...e, por último, a entrega de premios do concurso de sombreiros feitos en colaboración coas familias. A continuación, deixámosvos uns vídeos con imaxes da xornada.


PINTAMOS UN COLE DE CONTO!

No CEIP Monseivane levamos a cabo unha iniciativa para dar a coñecer o noso centro. Decidimos dar cor ó "noso cole de conto" a través dunha actividade na que colaborou de forma masiva toda a comunidade educativa (alumnado, persoal docente e non docente, familias, Concello de Vilalba, empresas da contorna, Xunta de Galicia...).
A implicación foi realmente admirable, contamos coa visita da tvg e da tve, ademais de diversos xornais. Con isto pretendemos, por suposto, mellorar a estética do noso colexio, así como animar ás familias a que matriculen os seus fill@as aquí. Pois os centros rurais permiten unha atención máis individualizada, entre outras moitas vantaxes.
Entre todos somos unha "pequena gran familia", da cal estamos moi orgullos@s de formar parte.
Moitas grazas pola vosa colaboración!