mércores, 18 de decembro de 2019

EXCURSIÓN A LUGO!

O pasado 10 de decembro, fomos de excursión a Lugo. Os cativos de 5º e 6º de E.P. visitaron as instalacións do xornal " El Progreso", e  coñeceron a través dun vídeo o proceso que vai desde a aparición dunha noticia ata a súa publicación. 
Logo todo o alumnado do CEIP Monseivane  participou nun obradoiro na Fundación Abanca, relacionado coa exposición que previamente visitaron do artista Oswaldo Guayasamín. Que ben o pasamos!
Aquí vos deixamos algunhas fotos:










mércores, 4 de decembro de 2019

25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   O pasado 25 de Novembro mostramos o noso rexeitamento contra a violencia de xénero. Os nenos/as de E.I, 1º,2ºe3º de Educación Primaria, desfrutaron do contacontos: "Familias de Lonxedetodo", interpretado por Isabel Risco.
Logo, desprazámonos ata Vilalba, onde fixemos  unha parada chea de maxia e ilusión na casa do Rato Pérez.
Seguidamente, baixo o lema:" Vilalba en negro", asistimos ó acto organizado polo concello, aportando os zapatos vermellos feitos por nós, que representan o camiño cara a igualdade.











Ademais, o domingo 1 de Decembro, participamos no acto: "Expresarte en igualdade", organizado polo concello de Vilalba coa representación da obra" Clementina e Arturo". Nela empregamos a técnica de teatro de sombras. Aquí vos deixamos unha mostra:




A historia de Arturo e Clementina expresa perfectamente a metáfora da “gaiola de ouro”. Arturo aprópiase rapidamente dos medios de subsistencia básicos para facer que Clementina se sinta dependente del. Tamén despreza as súas aspiracións minando a súa autoestima. Ao mesmo tempo, dun xeito autocompracente, cobrea de agasallos, que ela non desexa, tentando encubrir o seu comportamento manipulador e buscando xerar nela a obriga de estar agradecida.

Este conto axúdanos a comprender a necesidade dunha sólida formación da identidade e a importancia de coñecernos e respectarnos tal cal somos, de xeito que evitemos adaptarnos ao outro ata o punto de anular a propia personalidade.

sábado, 9 de novembro de 2019

MAGOSTO

O pasado venres, 8 de novembro, festexamos o magosto cun menú servido sobre un salvamanteis feito polo alumnado. Non faltaron as castañas asadas e xogos nos que este produto de outono era o protagonista. Que ben o pasamos!!


UN SAMAÍN DE CONTO

O pasado mércores, 30 de novembro, festexamos o Samaín no CEIP Monseivane. Despois de desfrutar dun menú terrorífico, tiveron lugar as seguintes actuacións: obra de teatro "Hansel, Gretel e a casiña de chocolate", baile "Triller", cancións, poemas...e, por último, a entrega de premios do concurso de sombreiros feitos en colaboración coas familias. A continuación, deixámosvos uns vídeos con imaxes da xornada.


PINTAMOS UN COLE DE CONTO!

No CEIP Monseivane levamos a cabo unha iniciativa para dar a coñecer o noso centro. Decidimos dar cor ó "noso cole de conto" a través dunha actividade na que colaborou de forma masiva toda a comunidade educativa (alumnado, persoal docente e non docente, familias, Concello de Vilalba, empresas da contorna, Xunta de Galicia...).
A implicación foi realmente admirable, contamos coa visita da tvg e da tve, ademais de diversos xornais. Con isto pretendemos, por suposto, mellorar a estética do noso colexio, así como animar ás familias a que matriculen os seus fill@as aquí. Pois os centros rurais permiten unha atención máis individualizada, entre outras moitas vantaxes.
Entre todos somos unha "pequena gran familia", da cal estamos moi orgullos@s de formar parte.
Moitas grazas pola vosa colaboración!

mércores, 2 de outubro de 2019

SEMANA DO CLIMA

No CEIP Monseivane tamén nos unimos ás reivindicacións da semana polo clima. Xa que é fundamental que tod@s tomemos conciencia do dano que lle estamos ocasionando ó planeta, e do ben que o podemos facer para minimizalo.
Cada día da semana fixemos unha actividade, recollida no seguinte cartaz:






E para poñer fin a esta semana, o profe Aitor cantounos unha canción relacionada co tema.

luns, 16 de setembro de 2019

COMEZA O CONTO...!

O pasado 11 de Setembro recibimos no CEIP Monseivane ós nen@s xunto coas súas familias para comezar un curso de conto... Aquí vos deixamos algunhas imaxes:






Os personaxes do conto!

Benvida LARA!

martes, 10 de setembro de 2019

mércores, 26 de xuño de 2019

Graduación 6º Educación Infantil e Primaria

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da festa de graduación celebrada o último día do curso 2019/20.





BOAS VACACIÓNS DE VERÁN E MOITA SORTE PARA 
TANIA, VICTORIA, INÉS, HUGO E CARLOS!!

domingo, 23 de xuño de 2019

A VOLTA AO MUNDO POLO COLE

Nesta última semana do curso demos fin ao noso proxecto bienal "A volta ao mundo". Fixémolo cunha ruta polas aulas e unha posta en común na que cada grupo foi explicando ao resto de compañeiros algunhas das moitas características que aprenderon ao longo do curso sobre os países traballados.
Comezamos o noso itinerario pola India guiados polo alumnado de educación infantil.


A continuación visitamos Xapón co alumnado de 1º e 2º, que nos puxo ao día dalgunhas das particularidades do país do sol nacente e a súa cultura.


Máis tarde dirixímonos a China. Alí, as nenas e nenos de 3º e 4º, guiáronnos polo xigante asiático contándonos un montón de cousas sobre o país máis poboado do mundo.

Por último, o alumnado de 5º e 6º trasladounos ata Estados Unidos para explicarnos algunhas das características deste país tan diverso e cheo de contrastes.


Así puxemos o punto e final a unha intensa viaxe, que dura xa dous cursos, e na que ampliamos os horizontes cotiás dun centro educativo para abrir unha fiestra ao amplo mundo que nos rodea.
Emprenderemos novas aventuras, quen sabe cara que destino.

ACOMPAÑÁDESNOS?