venres, 30 de novembro de 2018

VISITA A MAXISTERIO

O xoves 29 levamos a cabo unha visita á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.
Alí as nenas e nenos de sexto de primaria desenvolveron un relatorio para o alumnado de maxisterio sobre os proxectos "O camiño de Santiago" e "A volta ao mundo" levados a cabo no noso centro.
Os futuros docentes amosáronse moi interesados polo traballo desenvolvido a través deste proxecto e o noso alumnado recibiu felicitacións pola calidade da súa presentación.
Tamén aproveitamos para facer unha visita guiada por distintas dependencias da facultade.














sábado, 24 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O día 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller.
Para poñer o noso gran de area na promoción deste imprescindible valor, o venres 23 acudimos a unha concentración na Praza da Constitución organizada polo Concello de Vilalba. Alí escoitamos unha peza interpretada por Entre Lusco e Fusco, a lectura dun manifesto contra a violencia machista e gardamos un minuto de silencio polas vítimas.
Dende o CEIP Monseivane reforzamos a expresión da nosa repulsa levando unha pancarta co lema: "Acabemos coa tormenta. Fagamos que saia o sol".



Unha vez de volta ao centro desenvolvemos o noso propio acto cantando a canción "Suave y sutil" de Paulina Rubio na que  través de distintas metáforas se describen situacións como:

"Como una mosca sobre un caramelo
busqué ternura, pero encontré un error...

Pero mi herida fue tu culpa mi amor.
La cura merito mío.

Le puse hielo al vaso medio vacío.
Ya no daría más lágrimas por ti.
Ya se deshizo tu hechizo

Que la princesa se aburrió del cuento.
Con tu permiso cambiaré el final."










xoves, 22 de novembro de 2018

PREMIO DO CONCURSO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Xunta de Galicia convocou un "Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais" para o alumnado do ensino non universitario.
O noso alumnado de sexto de primaria participou neste concurso co obxectivo fomentar rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.
O esforzo que lle puxeron á súa obra obtivo un recoñecemento extra, xa que o seu traballo resultou premiado!
O mércores 21 acudimos con gran alegría á entrega de premios no edificio de San Caetano en Santiago de Compostela e aquí tedes algunhas imaxes do evento.






luns, 12 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018


Debido á intensa actividade desta xornada deixamos o xogos para o día seguinte. En todos eles empregamos as castañas como maeterial lúdico.