mércores, 21 de outubro de 2020

LUCES, CÁMARA E....

Despois de tanto tempo sen vir ao cole,aquí estamos  de novo! Volvemos cheos de ilusión e tamén con algo de nervios pola situación  que estamos a vivir. Pero ante todo voltamos con ganas de comezar este curso tan  especial que sen dúbida será un CURSO DE PELÍCULA!!

 Así o pretendemos dende o primeiro día ,que preparamos con moito agarimo para que os nosos nenos e nenas se sentiran auténticas estrelas de cine, sempre cumprindo coas medidas de seguridade oportunas.

 Ao longo do curso 2020/2021 achegarémonos á maxia do mundo cinematográfico e das películas. Benvidos  a esta nova aventura , que comece a rodaxe...ACCIÓN!!








venres, 26 de xuño de 2020

FIN DE CURSO

 Se queredes ver un resumo do curso 2019/20 pinchade no seguinte enlace: VÍDEO RESUMO 19/20

BO VERÁN PARA TOD@S!!

sábado, 23 de maio de 2020

Festa virtual "Os maios"

Así festexamos "Os maios", dun xeito virtual, no CEIP Monseivane...







GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA GRAN COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN.
PARABÉNS AOS NENOS E NENAS POLO SEU BO FACER, POLO SEU INTERESE E MOTIVACIÓN. UNHA APERTA GRANDE PARA TOD@S, EN ESPECIAL, NESTA OCASIÓN, PARA A RAÍÑA E OS REIS DE SEXTO!!!

xoves, 14 de maio de 2020

Día da familia e Letras Galegas 2020

Mañá, 15 maio, é o Día da Familia e para festexalo compartimos, de novo, o seguinte vídeo. Dende o CEIP Monseivane queremos darvos as grazas, unha vez máis, por participar en todas as iniciativas que vos propoñemos dende o centro, como foi esta do pintado do muro. Tamén queremos transmitirvos os nosos parabéns pola vosa colaboración e implicación nesta situación tan difícil que estamos a vivir. En definitiva, GRAZAS POR FORMAR PARTE DESTA PEQUENA GRAN FAMILIA💜


E, dado que o domingo é o Día das Letras Galegas, queremos deixarvos a continuación unha serie de propostas:
- O xogo das Letras Galegas, feito por unha mestra do centro. Se non tedes posibilidade de imprimir, os nenos/as poden debuxar o alfabeto nun folio ou cartolina e tamén o dado e as fichas para xogar. O alumnado de terceiro a sexto xa recibiu un semellante no seu paquete de material.


- O conto dos Bolechas, adicado a Carvalho calero, homenaxeado neste ano 2020. No seguinte enlace podedes velo ou descargalo para ler: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero

- Nos seguintes enlaces figuran actividades para saber máis sobre o escritor e a súa obra: 

- Algunhas cancións: http://aspitas.gal/

martes, 24 de marzo de 2020

Seguimos aprendendo...

Agardamos que todo vaia ben, familias de conto. Dende as nosas casas, os mestres e mestras queremos enviarvos unha MENSAXE DE ÁNIMO e FORZA. Para contactar connosco recordade que podedes chamar ao 982870895 ou escribirnos ao correo electrónico ceip.monseivane@edu.xunta.es.


A continuación queremos propoñervos algunhas actividades para que os nenos e nenas poidan facelas estes días, segundo as súas posibilidades, e poder continuar aprendendo.

Neste enlace poderás ver unha proposta feita para que vos sirva de inspiración:  https://vimeo.com/398292588?fbclid=IwAR15q2-ojI2O1QkI6CqcklzkGzRmtU8UkxUVq8qsOG8r7o511mvbWDVaLC0

Para os máis pequenos e pequenas aquí vos deixamos algunhas suxerencias:

- Lectoescritura: buscar letras en revistas, carteis, xornais...e formar palabras ou oracións con elas. Ler contos, deixando que eles sexan partícipes: escribir o título do conto, debuxar a escea que máis lles gustou, representar algunha escea con disfraces...
- Números: contar obxectos, habituais (froitas, xoguetes, camisetas...), ver números en etiquetas, números de teléfono, datas de caducidade...e traballar sumas con pezas, animais, pinturas... Traballar sobre o calendario a data por escrito, como facemos habitualmente cada día, ou mesmo facer un calendario propio indicando as estacións do ano.
- Ciencias: recortar en revistas ou xornais animais para clasificalos en vertebrados e invertebrados; tamén poder ser alimentos para facer unha pirámide alimenticia; ou mesmo recortar imaxes de paisaxes sinalando a montaña, chaira, praia, illa... 
- Plástica: recortar con tesoiras cousas de revistas, facer collage, plastilina, colorear con diferentes materiais, debuxo libre, facer algunha manualidade...
- Xogos: oca, dominó, puzzles, construccións, mariola, bólos con botellas de plástico...
- Atención e memoria: adiviñas, cancións, refráns, o xogo do "vexo, vexo"...

Nos seguintes blogs do profesorado podedes atopar tamén actividades para o alumnado:

De seguido, propoñemos unha serie de aplicacións (algunhas son para Android e outras para Apple):
- Para traballar a atención: Build it up, Series 1, Series 2, Families 2, Sígueme.
- Para traballar a memoria: animalsMemory, Memoria, MemoryFruit.
- Para traballar as secuencias temporais: ¡Sequences, Series, Secuencias.
- Para traballar as dimensións da linguaxe: Las vocales, Leo con Grin, Soy visual, Conciencia fonológica, StoryCubes, Silabando, Juega sílabas.
- Para traballar a expresión e compresión e a compresión: My playHome lite, Yo Leo.

Por último, deixamos unha lista de enlaces no que podedes atopar recursos para traballar as distintas materias:

Recordade que nos cursos superiores, dado que tedes os libros de texto e cadernos na casa, debedes seguir as indicacións dadas polas mestras o xoves, 12 de marzo, e tamén por tokapp/whatsapp, día a día. Sempre na medida do posible, pois entendemos a situación que estades a vivir.

SE O DESEXADES PODEDES FACERNOS CHEGAR ALGUNHA IMAXE VOSA DESTES DÍAS, DOS VOSOS DEBUXOS, XOGOS, LIBROS QUE ESTADES A FACER...(Trataremos de compartilas por algunha vía para sentirnos unid@s neste cole de conto). Tamén podedes comentar nesta entrada escribindo as vosas inquedanzas ou dúbidas.

martes, 17 de marzo de 2020

Aprendizaxe en tempos de reclusión

Ola familias de conto!

Nestes días de reclusión que nos agardan, o profesorado do CEIP Monseivane seguimos argallando cousas interesantes para facer cando regresemos á normalidade, e, formando parte do noso cole de conto, de seguro terá un final feliz. Estamos falando de diversas propostas que vos iremos facendo chegar. A verdade é que non é unha situación fácil, nin para os nenos nin para as familias, pero temos que ocupar o noso tempo facendo cousas para as que normalmente non temos tempo, polo que agardamos que desfrutedes destes momentos xuntos e fagades moitas cousas que vos unan aínda máis e, se implica unha aprendizaxe, mellor todavía.

Estivemos buscando recursos que poidades aproveitar nas casas. Aínda que moitos non teñades un ordenador, tamén hai aplicacións para tablet e móbil coas cales os nenos poden continuar a súa aprendizaxe dun xeito lúdico, pois o xogo é un elemento que non debe faltar neste proceso. De seguido proporémosvos varias ferramentas / actividades / apps para que vos poidades desfrutar nos vosos fogares. Hai multitude de propostas de ocio: contacontos, teatro, música, etc. Aí vos van unhas cantas propostas:

APPS:
  • Pupitre: É unha aplicación da editorial Santillana para estudantes de Primaria coa que poderán repasar conceptos a través de fichas e "cadernos". Dispoñible para iOS e Android.
  • ¿Cuánto sabes de Primaria?: Con ista aplicación podemos repasar conceptos das materias traballadas en clase, a familia e os amigos poden colaborar para poñer a proba o que saben. As respostas, correctas ou non, complétanse cunha explicación. Dispoñible para iOS e Android.
  • Namoo: Aplicación en formato de xogo que permite explorar a vida das plantas. Permite dende simular os diferentes procesos na vida dos vexetais ata aprender aspectos máis científicos. Dispoñible para iOS e Android.
  • Habitat the game: Neste xogo poderemos coidar a nosa nova mascota: un oso polar. É un xogo excelente para aprender sobre hábitos de vida saudables, estar en forma e alimentarse ben. Plantexa retos para que o noso oso medre forte e san. Dispoñible para iOS e web.
WEBS EDUCATIVAS:
Se tedes conta de Facebook, hai multitude de iniciativas das que podedes desfrutar dende a casa: titiriteiros, contacontos, música...

Tamén en Youtube moitos artistas retransmiten actuacións en directo e podemos desfrutar de Pandemia de contos do Colectivo Noga

Ademáis destes recursos, podemos desfrutar de cine educativo, escoitar música, debuxar e dar renda solta á nosa creatividade, etc. E, por se fora pouco, multitude de editoriais e webs de contidos están ofrecendo gratuitamente moitos dos seus recursos para facernos a cuarentena máis amena. Na seguinte ligazón podedes acceder a museos online, revistas online, teatro, etc.


Por último, a miña recomendación persoal é escoitar música en inglés, e que mellor xeito de facelo que con vídeos tan divertidos coma estes:

The singing Walrus: https://www.youtube.com/user/SingingWalrusMusic

Super simple songs: https://www.youtube.com/user/SuperSimpleSongs

Agardamos que vos sexa de utilidade. Moito ánimo e lede moito!


mércores, 4 de marzo de 2020

ENTROIDO!

No CEIP Monseivane celebramos un Entroido de conto! Cada grupo caracterizouse dos personaxes do conto que está traballando. Por iso podedes ver disfraces do Monstruo de Cores ( Educación Infantil), dos Músicos de Bremen ( 1º E 2º de EP), Brancaneves e os 7 ananiños (3º e 4º de EP), ou de Pinocho ( 5º e 6º de EP).
Foi unha tarde fabulosa na que contamos coa presenza das familias, degustamos postres do Entroido, levamos a cabo distintos bailes e actuacións, así como a representación por parte do alumnado de 5º e 6º, da obra de teatro baseada no conto de Pinocho.
Para rematar fíxose a lectura do xuízo, defensa, sentenza e testamento por parte dos xuíces e avogados, e procedemos á queima.
Que ben o pasamos!Aquí vos deixamos algunhas fotos para que nos poidades ver!:












sábado, 29 de febreiro de 2020

OUR ENGLISH CLASS PROJECTS

Nas clases de Inglés estamos aprendendo moitas cousas, pero o máis interesante é aprender a comunicarnos noutra lingua. O traballo con rutinas tales como saúdos, a data, o tempo atmosférico e os gustos son moi útiles para mellorar as nosas habilidades comunicativas. O que máis nos costa é falar en público, pero como se adoita dicir “practise makes perfect”, ou sexa, a práctica é a forma de mellorar. 


Ademáis doutras moitas actividades que vos iremos contando, durante o presente trimestre comezamos a incluir os proxectos en lingua inglesa.
Nestas imaxes podedes vernos posando orgullosos cos nosos proxectos durante a presentación diante dos nosos compañeiros. Ditos proxectos están baseados nos contidos traballados na unidade de cada curso: Quinto fíxoo sobre hábitos saudables, “Keep healthy”, e sexto sobre prácticas ecolóxicas, “Go green”.






Seguide as nosas recomendacións: facede exercicio, bebede moita auga, comede san, mantede unhas boas normas de hixiene e tomade boa nota para mellorar a vida no noso planeta. Keep healthy and go green! 

venres, 31 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ!


O 30 de Xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ no CEIP Monseivane, a través da canción da paz de "Mamá cabra". A cal bailaron o alumnado de Educación Infantil, 1º,2º e 3º de EP, e cantaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º. Amais disto, elaboramos o mural " Búscanse superhéroes/ superheroínas de conto". Para reivindicar a importancia desta conmemoración e que entre todos/as fagamos un mundo mellor no que a paz sexa a protagonista.
Aquí vos deixamos algunhas fotos:




Tamén elaboramos un vídeo dando un significado positivo a termos relacionados en ocasións cos conflictos bélicos.
Aquí vos deixamos un enlace para a súa visualización. Pinchade na imaxe para velo. Esperamos que vos guste.

https://vimeo.com/394428595



mércores, 8 de xaneiro de 2020

UN NADAL DE CONTO!


O pasado venres 20 de Decembro, no CEIP Monseivane celebramos a chegada do nadal. Como fomos moi bos e boas, Papa Noel veu cargado de regalos para tod@s. Logo, desfrutamos de bailes e cancións representadas polo alumnado do colexio. E rematamos na biblioteca cun contacontos, a cargo de Begoña Ramudo, amiga do ratiño Pérez e escritora do seu libro. Aquí vos deixamos algunhas fotos:

Agasallos do Ratiño Pérez