xoves, 21 de xuño de 2018

FESTA DE FIN DE CURSO

Hoxe, 21 de xuño, familias, alumnado e profesorado festexamos o fin de curso. Primeiro, participamos en xogos propostos polos monitores de Total Sport e, logo disfrutamos do xantar todos xuntos. Moitas grazas a tod@s e boas vacacións para os máis pequenos!!!!





Moita sorte e bo camiño ;)

mércores, 20 de xuño de 2018

Excursión a Ferrol

Hoxe, 20 de xuño, fomos de excursión de fin de curso a Ferrol. Alí visitamos primeiro o museo de Construcción Naval (Exponav), onde tamén participamos en dúas actividades. Por un lado, os máis pequenos na búsqueda dun tesouro e, por outro lado, os maiores nun taller de nudos mariñeiros. Logo visitamos, no parque Raíña Sofía, o Xardín Didáctico Aquaciencia. Alí viron e aprenderon cousiñas sobre a auga. Por último, xantamos, xogamos un pouco e voltamos ao colexio. 












A volta ao mundo polo colexio

O pasado luns, 18 de xuño, demos a volta ao mundo polas distintas aulas do colexio para aprender cousas sobre outros países. Comezamos a viaxe no Reino Unido, na aula de 1º e 2º, como Phileas Fogg. Logo de aprender moito sobre este país, viaxamos ata Francia, onde os máis pequenos nos contaron moitas cousas. A continuación visitamos Italia, alí tamén nos falaron das sete marabillas do mundo e mostráronos que trouxeran nas súas maletas viaxeiras. Por último, os exipcios de 3º e 4º contáronos cousas do seu país e faláronnos das momias. E sellando os pasaportes rematou esta actividade tan divertida!!!













mércores, 13 de xuño de 2018

LETRAS GALEGAS

O pasado luns, 21 de maio, festexamos as Letras Galegas homenaxeando a Mª Victoria Moreno. Previamente fixemos un mural ca súa biografía e bibliografía, que ese día leron os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Logo os máis pequenos leron algúns fragmentos de poesía da homenaxeada. Por último, disfrutamos dunha obra de teatro, representada por 1º, 2º, 3º e 4º, baseada no libro de Mª Victoria: "A festa no faiado".







   Menud@s artistas!!

OS MAIOS

O pasado, 18 de maio, festexamos "Os maios" no CEIP Monseivane, en compañía das familias. Comezamos facendo fotos ca alfombra floral da entrada do colexio, logo desfilamos co maio encabezando, a continuación o rei e a raíña deron un discurso de benvida, de seguido os nenos e nenas bailaron e remataron rendendo pleitesía aos reis e tirándolles pétalos. Por último, disfrutamos de xogos nos que participou o alumnado, profesorado e familias. Foi un día xenial!