sábado, 25 de maio de 2019

EXCURSIÓN A "ÉRASE UNHA VEZ... SAN CLODIO MÁXICO" E PENAS DE RODAS.

O pasado venres, 24 de maio, o alumnado de educación infantil, primeiro, segundo e terceiro de primaria fixeron unha saída a Outeiro de Rei. Alí visitaron a exposición "Érase una vez..." na que, con materiais reciclados, se recrean distintas escenas con formigas como protagonistas e outros animais que se foron sumando ao longo do tempo.
Máis tarde dirixímonos a Penas de Rodas, coñecido por numerosas lendas, pola súa simboloxía e por ser considerado un antigo lugar de culto cuxo orixe datan na época romana.

Pasamos un día do máis divertido!


domingo, 19 de maio de 2019

DÍA DA FAMILIA

Este ano, para conmemorar o Día da Familia, as nenas e nenos elaboraron uns preciosos agasallos para os seus seres máis queridos.




sábado, 18 de maio de 2019

Premio no Certame Literario das Letras Galegas

Este ano un dos nosos alumnos de quinto de primaria, Juan Trastoy Montouto, resultou premiado no Certame Literario organizado polo Concello de Vilalba con motivo do Día das Letras Galegas.
O seu sentido poema, "A miña terra", acadou o premio Antonio García Hermida.

PARABÉNS JUAN!!! 

Deixámosvos a continuación a súa marabillosa obra.



MAIOS 2019

Como é costume, para celebrar a chegada da primavera, adicamos a tarde do xoves 16 á Festa dos Maios.
Construímos un mural e o maio con flores de diversas especies. Coroamos ás nenas e nenos que rematan este ano a etapa de primaria, cantamos, bailamos e xogamos en familia... En fin, unha festa do máis animada e chea de cores.





Cantigas.


Muiñeira de Pradela (Pesdelán).









xoves, 16 de maio de 2019

X CARREIRA POPULAR ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS

Este mércores 15 asistimos á carreira escolar organizada polo Concello de Vilalba con motivo da conmemoración das Letras Galegas 2019.
As nenas e nenos, dende quinto de infantil ata sexto de primaria, puxeron  todas as súas ganas e desfrutaron dunha mañá de deporte ao aire libre.
Unha das nosas alumnas obtivo a segunda posición na categoría +10.

PARABÉNS AROA!!!






sábado, 4 de maio de 2019

CHARLA SOBRE AVES E CETRERÍA

Este pasado venres recibimos a visita de María Currás, secretaria da Sociedade Galega de Cetrería, e José Guizán Trastoy, vocal de cetrería do Tecor Terra Chá.
Para ilustrar todo canto nos explicaron sobre as aves, que foi moito e moi interesante, viñeron acompañados: dunha aguia de Harris, chamada Turka, campioa de Galicia e subcampioa de España no 2017; unha femia de falcón sacre, chamada Negra; unha cría de corvo carniceiro, chamado Tizón.
Explicáronnos cousas tan interesantes como a relación entre as características físicas de cada ave e o seu modo de cazar. Mostráronnos un montón de materiais relacionados co adestramento das aves, como diferentes ferramentas de seguimento empregadas ao longo da historia, dende axóuxeres, sinais de radio e actualmente localizadores GPS.