sábado, 15 de outubro de 2016

Gali-leo marcha facer o camiño de Santiago!

O pasado venres, 14 de outubro, Gali-leo (a mascota da biblioteca) apareceu vestido de peregrino. Ademais todos os nenos e nenas de colexio coñeceron ó novo Gali-leo feito de tela.


Gali-leo marcha facer o camiño de Santiago desde Ribadeo e virá cargado de fotos para encher o seguinte corcho, e tamén de moitas anécdotas e aventuras para contarlles aos nenos e nenas de Moreda.


Eu enseñeilles o que leva un peregrino na súa mochila e tamén lles contei como foi o camiño que fixen o ano pasado desde O Cebreiro. Falamos dos albergues, do credencial e a compostelana, dos sinais do camiño, da indumentaria que levaban antigamente os peregrinos, etc. Xa vos contaremos máis deste proxecto e do camiño de Gali-leo ;)

2 comentarios: