luns, 22 de maio de 2017

Festa dos Maios

O pasado venres, 19 de maio, festexamos a tradicional Festa dos Maios. Os alumnos ían ataviados con coronas de follas de loureiro e as nenas con saias de cores, coronas de flores e colgantes. Tamén levaban cestos con pétalos para tirar aos reis.


Primeiro, fíxose un desfile por fóra presidido polo maio, este ano tratábase de Gali-leo, a mascota da biblioteca. Despois, seguíano os reis e varios nenos cos monumentos feitos para o entroido e cheos de flores para a ocasión. E, por último, no desfile non faltaron pais, nais e familiares.

A continuación, no pavillón tivo lugar a festa. Non faltaron as danzas ou muiñeiras, as cancións, bailes e outras actividades como a realización dunha espiral (simboloxía do camiño), feita con pedras pintadas polos nenos. Para rematar a festa os nenos fixéronlle a reverencia aos reis e tiráronlle pétalos.





E isto non foi todo porque tamén fixemos, na entrada do colexio, unha alfombra floral con temática xacobea, de acordo co proxecto que estamos a traballar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario