martes, 6 de xuño de 2017

Excursión a Ribadeo

REDACCIÓN: 5º E 6º

O venres, 2 de xuño, os nenos e nenas do CEIP Monseivane, acompañados dos nosos mestres, fomos de excursión a Ribadeo, punto do Camiño Norte.

Primeiro dirixímonos cara a Foz, visitamos a Basílica de San Martiño e collemos o tren cara a Ribadeo. Gustounos moito porque a maioría nunca foramos en tren.



Cando chegamos a Ribadeo paseamos por pé da ría vendo: a ponte dos Santos, o albergue, o Cargadeiro, o reloxo de sol, os restos da muralla e o Forte de San Damián. Tamén aproveitamos para merendar e coller forzas para seguir disfrutando da excursión.


Máis tarde, collemos o autobús ata a Illa Pancha onde observamos os dous faros, un deles reconvertido en hotel. Fixemos fotos e xogamos un pouquiño xa que facía moi bo tempo.


A continuación regresamos ao centro de Ribadeo para dar un paseo polo casco histórico. Na praza de España vimos o Pazo dos Ibáñez, que hoxe en día é a Casa do Concello, a Torre dos Moreno, a Igrexa de Santa María do Campo e o Convento de Santa Clara. Dirixímonos cara o mirador da Atalaia e alí baixamos no ascensor panorámico ata o Porto Deportivo. Volvemos a subir nel e voltamos ó autobús.


A última parada da excursión foi pé da Praia das Catedrais onde xantamos todos xuntos, xogamos un pouco e fixemos fotos da praia. Por último, regresamos a Moreda cansados pero moi contentos polo ben que o pasamos e o moito que aprendemos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario