sábado, 4 de maio de 2019

CHARLA SOBRE AVES E CETRERÍA

Este pasado venres recibimos a visita de María Currás, secretaria da Sociedade Galega de Cetrería, e José Guizán Trastoy, vocal de cetrería do Tecor Terra Chá.
Para ilustrar todo canto nos explicaron sobre as aves, que foi moito e moi interesante, viñeron acompañados: dunha aguia de Harris, chamada Turka, campioa de Galicia e subcampioa de España no 2017; unha femia de falcón sacre, chamada Negra; unha cría de corvo carniceiro, chamado Tizón.
Explicáronnos cousas tan interesantes como a relación entre as características físicas de cada ave e o seu modo de cazar. Mostráronnos un montón de materiais relacionados co adestramento das aves, como diferentes ferramentas de seguimento empregadas ao longo da historia, dende axóuxeres, sinais de radio e actualmente localizadores GPS.







Ningún comentario:

Publicar un comentario