martes, 24 de marzo de 2020

Seguimos aprendendo...

Agardamos que todo vaia ben, familias de conto. Dende as nosas casas, os mestres e mestras queremos enviarvos unha MENSAXE DE ÁNIMO e FORZA. Para contactar connosco recordade que podedes chamar ao 982870895 ou escribirnos ao correo electrónico ceip.monseivane@edu.xunta.es.


A continuación queremos propoñervos algunhas actividades para que os nenos e nenas poidan facelas estes días, segundo as súas posibilidades, e poder continuar aprendendo.

Neste enlace poderás ver unha proposta feita para que vos sirva de inspiración:  https://vimeo.com/398292588?fbclid=IwAR15q2-ojI2O1QkI6CqcklzkGzRmtU8UkxUVq8qsOG8r7o511mvbWDVaLC0

Para os máis pequenos e pequenas aquí vos deixamos algunhas suxerencias:

- Lectoescritura: buscar letras en revistas, carteis, xornais...e formar palabras ou oracións con elas. Ler contos, deixando que eles sexan partícipes: escribir o título do conto, debuxar a escea que máis lles gustou, representar algunha escea con disfraces...
- Números: contar obxectos, habituais (froitas, xoguetes, camisetas...), ver números en etiquetas, números de teléfono, datas de caducidade...e traballar sumas con pezas, animais, pinturas... Traballar sobre o calendario a data por escrito, como facemos habitualmente cada día, ou mesmo facer un calendario propio indicando as estacións do ano.
- Ciencias: recortar en revistas ou xornais animais para clasificalos en vertebrados e invertebrados; tamén poder ser alimentos para facer unha pirámide alimenticia; ou mesmo recortar imaxes de paisaxes sinalando a montaña, chaira, praia, illa... 
- Plástica: recortar con tesoiras cousas de revistas, facer collage, plastilina, colorear con diferentes materiais, debuxo libre, facer algunha manualidade...
- Xogos: oca, dominó, puzzles, construccións, mariola, bólos con botellas de plástico...
- Atención e memoria: adiviñas, cancións, refráns, o xogo do "vexo, vexo"...

Nos seguintes blogs do profesorado podedes atopar tamén actividades para o alumnado:

De seguido, propoñemos unha serie de aplicacións (algunhas son para Android e outras para Apple):
- Para traballar a atención: Build it up, Series 1, Series 2, Families 2, Sígueme.
- Para traballar a memoria: animalsMemory, Memoria, MemoryFruit.
- Para traballar as secuencias temporais: ¡Sequences, Series, Secuencias.
- Para traballar as dimensións da linguaxe: Las vocales, Leo con Grin, Soy visual, Conciencia fonológica, StoryCubes, Silabando, Juega sílabas.
- Para traballar a expresión e compresión e a compresión: My playHome lite, Yo Leo.

Por último, deixamos unha lista de enlaces no que podedes atopar recursos para traballar as distintas materias:

Recordade que nos cursos superiores, dado que tedes os libros de texto e cadernos na casa, debedes seguir as indicacións dadas polas mestras o xoves, 12 de marzo, e tamén por tokapp/whatsapp, día a día. Sempre na medida do posible, pois entendemos a situación que estades a vivir.

SE O DESEXADES PODEDES FACERNOS CHEGAR ALGUNHA IMAXE VOSA DESTES DÍAS, DOS VOSOS DEBUXOS, XOGOS, LIBROS QUE ESTADES A FACER...(Trataremos de compartilas por algunha vía para sentirnos unid@s neste cole de conto). Tamén podedes comentar nesta entrada escribindo as vosas inquedanzas ou dúbidas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario