martes, 17 de marzo de 2020

Aprendizaxe en tempos de reclusión

Ola familias de conto!

Nestes días de reclusión que nos agardan, o profesorado do CEIP Monseivane seguimos argallando cousas interesantes para facer cando regresemos á normalidade, e, formando parte do noso cole de conto, de seguro terá un final feliz. Estamos falando de diversas propostas que vos iremos facendo chegar. A verdade é que non é unha situación fácil, nin para os nenos nin para as familias, pero temos que ocupar o noso tempo facendo cousas para as que normalmente non temos tempo, polo que agardamos que desfrutedes destes momentos xuntos e fagades moitas cousas que vos unan aínda máis e, se implica unha aprendizaxe, mellor todavía.

Estivemos buscando recursos que poidades aproveitar nas casas. Aínda que moitos non teñades un ordenador, tamén hai aplicacións para tablet e móbil coas cales os nenos poden continuar a súa aprendizaxe dun xeito lúdico, pois o xogo é un elemento que non debe faltar neste proceso. De seguido proporémosvos varias ferramentas / actividades / apps para que vos poidades desfrutar nos vosos fogares. Hai multitude de propostas de ocio: contacontos, teatro, música, etc. Aí vos van unhas cantas propostas:

APPS:
  • Pupitre: É unha aplicación da editorial Santillana para estudantes de Primaria coa que poderán repasar conceptos a través de fichas e "cadernos". Dispoñible para iOS e Android.
  • ¿Cuánto sabes de Primaria?: Con ista aplicación podemos repasar conceptos das materias traballadas en clase, a familia e os amigos poden colaborar para poñer a proba o que saben. As respostas, correctas ou non, complétanse cunha explicación. Dispoñible para iOS e Android.
  • Namoo: Aplicación en formato de xogo que permite explorar a vida das plantas. Permite dende simular os diferentes procesos na vida dos vexetais ata aprender aspectos máis científicos. Dispoñible para iOS e Android.
  • Habitat the game: Neste xogo poderemos coidar a nosa nova mascota: un oso polar. É un xogo excelente para aprender sobre hábitos de vida saudables, estar en forma e alimentarse ben. Plantexa retos para que o noso oso medre forte e san. Dispoñible para iOS e web.
WEBS EDUCATIVAS:
Se tedes conta de Facebook, hai multitude de iniciativas das que podedes desfrutar dende a casa: titiriteiros, contacontos, música...

Tamén en Youtube moitos artistas retransmiten actuacións en directo e podemos desfrutar de Pandemia de contos do Colectivo Noga

Ademáis destes recursos, podemos desfrutar de cine educativo, escoitar música, debuxar e dar renda solta á nosa creatividade, etc. E, por se fora pouco, multitude de editoriais e webs de contidos están ofrecendo gratuitamente moitos dos seus recursos para facernos a cuarentena máis amena. Na seguinte ligazón podedes acceder a museos online, revistas online, teatro, etc.


Por último, a miña recomendación persoal é escoitar música en inglés, e que mellor xeito de facelo que con vídeos tan divertidos coma estes:

The singing Walrus: https://www.youtube.com/user/SingingWalrusMusic

Super simple songs: https://www.youtube.com/user/SuperSimpleSongs

Agardamos que vos sexa de utilidade. Moito ánimo e lede moito!


Ningún comentario:

Publicar un comentario